martes, 2 de noviembre de 2010

Samain

A celebración do Samain comenzou en Irlanda cara ao ano 100 d. C. Naquela época, Halloween era unha festividade que os celtas celebraban co nome de 'Samain', unha antiga palabra gaélica que significa "o final da colleita ".

Tradicionalmente o festival celebrábase cando os antigos celtas almacenaban provisións e sacrificaban o gando para prepararse para o inverno. Os celtas crían que na noite de Samain (Halloween), os espíritos dos mortos volvían visitar o mundo dos mortais, así que encendían grandes fogueiras para escorrentar aos espíritos malignos, e a única forma de que non lles raptasen era parecendose a eles, por que se puñan máscaras e traxes que daban medo.

En 1846, os inmigrantes irlandeses levaron consigo versións desta tradición a Estados Unidos, onde se fixo moi popular ata os nosos días.

A palabra, nas súas variantes samain, samaín ou samhain ven sendo introducida no idioma galego desde a década de 1980, tomándose do gaélico irlandés nas súas versións moderna (Samhain) ou antiga (samain). Hoxe en día é común atopala referenciada en diversas expresións culturais (p.ex. cancións) e festivas (festas escolares ou sociais) relacionadas con esa data, tendo desprazado de maneira importante ao termo Hallowe'en, sobre todo nos ámbitos culturais máis galeguistas.






No hay comentarios:

Publicar un comentario