jueves, 4 de noviembre de 2010

BATEAS

O cultivo do mexillón é o de maior produción na Acuicultura de España e dos máis importantes en Europa, alcanzando regularmente as 250.000 toneladas anuais. España é o segundo produtor mundial desta especie despois de China (450.000 toneladas anuais).

Esta produción lévase a cabo en balsas flotantes que se denominan bateas. As bateas ordénanse en grupos chamados polígonos, cuxa disposición e número están controlados polas autoridades autonómicas. Recentemente limitouse a 500 o número de cordas por balsa para evitar a saturación das zonas de cultivo e favorecer un mellor crecemento.



 As bateas consisten nunha armazón rectangular de madeira de 100 a 500 metros cadrados soportada por flotadores de aceiro recubertos con fibra de vidro, poliéster ou recheos con poliéster expandido.



As suas medidas aproximadas son:
Ancho: 18.27 m
Largo: 26.31 m

No hay comentarios:

Publicar un comentario