viernes, 17 de diciembre de 2010

EDICIÓN DE SON

  •  Arquivos de son.
  • Programa de edición de son

  •  WAV:Waveform Audio Format é un formato de audio dixital sen compresión que se emprega para almacenar sons no ordenadores con windows, tomando en conta peculiaridades de intel.

    Pode soportar case todos os códecs de audio, utilízase principalmente con PCM (non comprimido). Úsase profesionalmente, para obter calidade de CD débese gravar o son a 44100 Hz e a 16 bits.
  • AIFF:AIFF é un dos formatos líderes, xunto a SDII e WAV, usados a nivel profesional para aplicacións de audio xa que está comprimido sen perda o que permite un rápido procesado do sinal a diferenza do MP3 por exemplo, pero a desvantaxe deste tipo de formatos é a cantidade de espazo que ocupa, que é aproximadamente 10 MB para un minuto de audio estéreo cunha frecuencia de mostraxe de 44.1 KHz e 16 bits. Ademais o estándar dá soporte a bucles para notas musicais para uso de aplicacións musicais ou samplers, as súas extensións son.aif,.aiff e.aifc para a variante.
  • AU:Este formato foi desenvolvido pola empresa NeXt Machine Sound System e na actualidade foi desprazado por outros formatos como o "wav". 
  • MPEG:Coa finalidade de conformar un estándar para o manexo de video dixital en CD, televisión por cable, transmisión directa por satélite e televisión de alta definición.
  • MP3s: Un arquivo mp3 consegue reducir o tamaño do arquivo de son sen influír na súa calidade, aproximadamente 1 minuto de audio en formato mp3 ocupa 1 MB cunha calidade practicamente igual á calidade de Cd.

    O formato de audio mp3 permite seleccionar a calidade do audio que imos comprimir, a calidade de cd sería equivalente a 128 Kbps (Bit rate), pero podemos seleccionar a compresión entre os 8 Kbps e os 320 Kbps tendo en conta que canto maior sexa a transmisión de datos (Kbps), maior espazo ocupará o arquivo.

    A frecuencia de mostraxe do mp3 encóntrase entre os rangos de 16 Hz e os 48 KHz. E tan só soporta 2 canles (estéreo)
Audacity é un editor multiplataforma (Windows, GNU/Linux e Mac) libre e de código aberto destinado á edición e tratamento do son. Multipista, permite gravar sons, converter cintas e gravacións a son dixital ou CD, editar arquivos OGG, MP3 e WAV, cortar, pegar, ensamblar e mesturar sons, cambiar a velocidade ou o ton dunha gravación, axustar os volumes, gravación temporizada, mesturar pistas, etc. Ademais, inclúe un amplo abano de efectos, algúns deles de gran complexidade, como eliminación de ruídos ou análise de frecuencias.

tutorial audacity.

No hay comentarios:

Publicar un comentario